[p. 107]
A comida
pouco durou, mentras ó pirmeiro prato naide deu fala.
Martiño estivo
caviloso tod'ela.
De cando en cando
oiase algún himpo da mai.
Cerca do remate, dixo o pai.
Aviaibos qu'esta noite imos todos ó teatro.
A muller calou, e Sabela mirou pra Martiño,
como perguntándolle s'iba co-eles, e dixo:
Eu vou si Martiño nos acompaña.
Martiño virá con nosoutros, pois por él é
a festa, xa qu'acaba de darme palabra d'estudiar dende mañá e de ser
d'hoxe endiante home de ben.
¿De certo? dixo a mai, mirando pra Martiño
c-unha triste surrisa.
Farei todo ó que poida con tal de que vostés
m'anden amocando con que son malo, con que son esto e con que son
aquelo. ¿Pero eu fágolles á vostés algo, róubolles algo,
empéñolles algo, ou pídolles algo?
Pras miñas diversiós sempre m'amañei eu, sin
roubalo á naide, nin ganalo mal ganado.
Bonita teoría, dixo ó pai. Vas acabar por
santifical-o xogo cando se gana y-os vicios que pode manter. Eiqui non
se trata de que á nos-
[p. 108]
outros nos perxudiques, sinon de que quen sales mal parado eres tí. E
como ti eres un neno á quen voa a cabeza e non conocel-o mundo, nin
miras ó adiante, nin reparas onde te metes, con tal de qu'ali penses
gozar y-adivertirte, por eso nosoutros, que non desamos máis qu'o teu
ben, ch'ensinamos o camiño que debes seguir e facémosche ver os
perigos en que t'estás metendo, que farán de tí un home enfermo,
inútil e despreciable.
Síntese hoxe predicador.
Ay meu fillo: poida que sea predicar en
deserto, pró este é o meu deber e quero tel-a concencia
tranquila o dia de mañá. Si non atendes os meus consellos o mal será
teu.
Vaites, vaites. Pois eu penso de min que sei
onde m'apreta o zapato. A os pais figúraselles qu'os fillos son sempre
nenos, e de contra quérenos facer moi formales antes tempo. Pois cada
edá ten os seus praceres, as suas ideas y-as suas aficiós, e tan dino
de mofa é un vello que quer facerse neno, como un xoven qu'antes tempo
ten parecenza de vello.
Ben home ben. Dios che dea siso e ch'asente
logo a cabeza, qu'é ó principal, pra que vayas entendendo pouco á
pouco moitas cousas que non alcanzas, nin hay quen ch'as faga ver
mentras certos viceos e certas aficiós, que che parecen moi naturales
n'un xoven, che sigan vendando os ollos do entendemento e desmermando na
alma o sentimento da concencia moral.
Ben, pois iremos logo a o teatro, dixo
Martiño. Conven deixar algo de filosofia pra mañá.
Erguéronse todos e dixo Martiño:
Sabel, en canto te vistas ven ó meu carto.
Martiño chegou ó carto, acendeu un puro e
sentouse nunha silla, mirando pro fume que vota-
[p. 109]
ba dempois de tragalo e telo un pouquiño alá drento do corpo.
A meu pai non lle falta razón, decia solo. Eu
por este camiño vou mal. Teño comigo cerca de tres mil pesos
porque soprou ben a sorte, pró com'él di, si chega á virarse, quedo
moi mal sin acabar a carreira. Adelaira, como di miña mai, non me quer
máis que pol-o diñeiro que lle dou y-estou resultando un primo, porque
si tivera xunto todo canto me comeu, xa facia unha contiña. Vouna
deixar á ver si Panchiña s'esquence de todo.
Votou outra fumada e siguiu pensando.
Adelaira estame engañando a vida y eu a o fin
y ô cabo teño algun dia que deixala, porque como vou eu á presentar
esa muller en ningures co-a educación que ten. Sempre parecerá ó que
é: unha chula dos barrios baixos. Vivir suxeto á esa muller como
istrumento de pracer, é pagar demasiado cara unha froita q'anda moi
barata no mercado.
E por postre: ¿que saco en limpo? Us cantos
momentos d'antusiasmo qu'acaban sempre en hastio. Realmente, o amor que
non arranca da alma dura pouco. En canto se bebe demáis, a borracheira
atormenta o corpo e fai do home un imbécil. N'esto pouco máis ten.
Agora, tronado con Panchiña, podia chegar esoutra á namorarme. E
destonces miña hirmá y-a miña probe mai.., Non, non pode ser. Mañá
mesmo deixo á esa muller pra sempre. Solo asi poderei conseguir que
Panchiña s'esqueza de todo e chegue á perdonarme cobrándome outra
volta cariño. Non hay remedio, hay que mudar de vida; pro canto máis
qu'Adelaira valer non vale un farrapo de gaita, comparada con Panchiña.
[p. 110]
E quedouse un pouco sacudindo á cinza do puro
e mirando pr'él.
Logo como si tomara unha resolución dixo:
Sí, sí. Que non se perda todo por siacaso.
A pouco apareceu Sabela.
Estaba pensando en ti, dixo Martiño.
¿E logo?
Teño aqui un regalo pra que ó gardes pra
cando te cases.
¡Vaiche boa! Pró ¿ulo?
Vouch'a regalar mil pesos: anque chegue á
pidirchos algún dia, por ningún pertesto mos volvas porque ch'os dou e
podes facer d'eles un pandeiro. Ahi os tés. Dixo Martiño, dándolle á
sua hirmá un paquete de billetes, que sacou da naveta.
Pois chico gracias, nunca as maus che cansen,
dixo Sabela moi leda.
Eso é pra premiar ó moito que me queres y-o
que m'axudache nos amores con Panchiña.
Xa veremos si logro outra volta convencela.
Eso é ó qu'eu quero.
¿Deseyas algo máis?
Non.
Anda pois, qu'é tempo de salir pró teatro.
Hala, logo.
Sabela foi n'unha carreira á gardar os cartos,
tendo mentres de decirllo á sua mai así que tivese modo, pois todo llo
contaba antes qu'a seu pai.
D'ali á pouco salían todos xuntos pro
teatro. |